viernes, 19 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017!!!

Bos días, durante a semana do 8 ao 12 de Maio os alumnos viñeron a biblioteca a facer actividades relacionadas co autor Carlos Casares, a quen se dedica este ano a homenaxe das Letras Galegas.

  Carlos Casares
Naceu en Ourense o 24 de Agosto de 1941. Pasou a súa infancia en Xinzo de Limia xunto cos seus pais. Estudou Humanidades no Seminario de Ourense e logo continuou os estudos de Filoloxía na universidade de Santiago. Entrou na Real Academia Galega no ano 1978. Foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial. Foi o gran precursor da literatura infantil en galego coas obras"A galiña azul" "Lolo anda en bicicleta" "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" Faleceu en Vigo o 9 de Marzo de 2002.

EI

Os máis pequenos da escola viñeron a escoitar quen era Carlos Casares e o conto da "galiña azul" e a facer a súa propia galiña.
"A galiña azul" é moi especial e moi bonita e rara, pon ovos de cores e ademais non di cacaracá como as outras galiñas sinón que di cocorocó.

EP

Primeiro e segundo

Cos alumnos de 1º e 2º falamos un pouco de Carlos Casares, contamos o conto "Lolo anda en bicicleta" e logo na ficha que xa tiñan preparada fixeron un debuxo relacionado co conto.
"Lolo anda en bicicleta" pero na casa non o deixan. Por iso aprende a facelo ás escondidas, entre caixóns...Lolo acaba sendo un fenómeno sobre dúas rodas.

Terceiro, cuarto, quinto e sexto.

Falamos de Carlos Casares e do libro "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" e despois fixeron o marcapáxinas relacionado con este libro.
"As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega. Unha historia para ler e para representar. Unha historia que se deixa estonar. Tan sabrosa coma unha laranxa.

Deixamos unhas fotos. Saúdos.













No hay comentarios:

Publicar un comentario